fogar e vehículo
Trátase dun sistema que é sostible:
Cargar a batería do vehículo cos excedentes de fotovoltaica e en casos de moito consumo ou nun tramo moi caro, descargar a batería do vehículo para baixar a intensidade que entra desde a rede eléctrica e así conseguir rebaixar a factura do instituto ata nun 50%.
Outra opción moi interesante é poder usar a enerxía da batería do vehículo en caso de fallo de subministración da rede. Para iso independizamos unha parte das instalacións do taller e usamos a enerxía da batería para cubrir as necesidades das tarefas básicas diarias.
EQUIPOS QUE COMPOÑEN O SISTEMA
33 placas solares
Inicialmente 22 placas solares SHARP (NU-JD440) de 440w que dan un total de 9680 w instaladas na cuberta dos talleres, cunha orientación suroeste e unha inclinación de 15º. En maio de 2022 se engaden 11 placas máis, de 445w, o que da un total de 33 placas e 14575 w.
Inversor
Un inversor SMA SUNNY 10.0 KW Tripower
Cargador de vehículo eléctrico
Un cargador de vehículo eléctrico baseado en hardware e software libre (arduino, ESP32, OPEN EVSE)
Cargador de vehículo bidireccional
Un cargador WALBOX QUASAR bidirecccional
Equipo de monitorización enerxético
Un equipo de monitorización enerxético de entrada e saída de fluxo enerxético
Vehículo eléctrico
Un vehículo NISSAN LEAF de 40 KW